Foro Novo Estatuto

A 'Devolution' escocesa

As últimas sesións do Parlamento escocés antes da ‘devolución’ en 1997 celebráronse entre 1703 e 1707 (nese ano asinouse a Acta de Unión), aínda que Escocia xa pasara a formar parte de Inglaterra ‘de facto’ un século antes, en 1603, cando James VI se converteu en rei de ambos os dous países. Desde aquel entón, as terras da alta Britania non volveran ter poder político, pero si mantiveron o seu propio sistema legal e educacional, ademais de conservar a independencia da súa Igrexa.

A devolución parcial chegou en 1997 da man do goberno laborista de Tony Blair, que acadou o poder coa promesa da autonomía para os territorios non ingleses da Unión. O referendo en Escocia foi dobre: por unha banda preguntábase pola creación dun Parlamento Escocés (gañou o ‘si’ co 74,3% dos votos), e pola outra, inqueríase pola capacidade de crear impostos propios (a prol o 63,5%).

Logo destes resultados creouse en 1999 o Parlamento Escocés, que contaba con 129 membros, que nomearía o primeiro Primeiro Ministro escocés da historia, o laborista Donald Dewar (1937-2000), co 38,8% dos votos, contra o 28,7% dos nacionalistas do SNP, o 15,6% dos conservadores e o 14,2% dos liberais.

Entre os poderes cos que conta a nova Administración escocesa podemos salientar, ademais da capacidade de modificar as taxas, a posibilidade para participar en reunións relevantes do Consello de Ministros da Unión Europea e ter unha oficina representativa do Goberno en Bruxelas. Asemade, o Parlamento escocés pode derogar leis británicas e introducir lexislación en áreas non retidas por Westminster.

O Estatuto do 36
Estatutos na transición: Galiza contra a 'aldraxe'
Cataluña: por unha relación bilateral co estado
Euscadi: a hora do 'Plan Ibarretxe'
A 'Devolution' escocesa
Gales, oito séculos despois
Quebec, a piques da independencia

 


© 2004, FORO NOVO ESTATUTO