Foro Novo Estatuto

Euscadi: a hora do 'Plan Ibarretxe'

A norma institucional básica de Euscadi é o Estatuto de Gernika, aprobado o 18 de decembro de 1979, similar ao das outras dúas nacionalidades históricas, pero que conta co privilexio de dispor da súa propia Facenda grazas ao sistema foral tradicional de Concerto Económico, privilexio co que tamén conta Navarra. Asemade, establécese que a achega de Euscadi ao Estado español consiste nun cupo ou contribución económica ás cargas do Estado que non asuma a comunidade autónoma.

Como saben, Euscadi é considerada pola Constitución Española unha nacionalidade histórica debido a que na II República se aprobara o seu Estatuto ‘in extremis’, en outubro do 1936, cando algunhas partes de Euscadi xa formaban parte do "bando nacional". Esta norma fora aprobada en plebiscito en 1933 co 84% dos votos a favor, aínda que a provincia de Álava só acadou o 46,4%. Sen embargo, o texto non puido entrar nas Cortes polo bloqueo do goberno de dereitas e houbo que esperar á vitoria da Fronte Popular para que fose ratificado.

Case setenta anos despois o ‘problema vasco’, envelenado pola violencia, segue sen solución. A última proposta veu da man do Goberno tripartito, que presentou a proposta de novo Estatuto no Parlamento vasco, máis coñecida como ‘Plan Ibarretxe’. Trátase dun Estatuto Político de Libre Asociación co Estado español, segundo a súa propia definición, que propugna un importante avance no autogoberno.

As súas principais reivindicacións, entre outras, son as que seguen:


Esta proposta foi presentada para ser debatida no Parlamento Vasco o 25 de outubro de 2004. Os dous socios do Goberno liderado polo PNV, Eusko Alkartasuna e IU-EB, presentarán emendas parciais ao texto, mentres que os grupos popular e socialista non están a participar no debate porque anunciaron emendas á totalidade. O PSE presentou en decembro de 2004 unha proposta de reforma do Estatuto que define Euscadi como unha "comunidade nacional".

Unha vez rematado o proceso de diálogo e de achegas, a proposta final que xurda da Cámara vasca deberá ser aprobada pola maioría absoluta dos seus membros. Posteriormente será remitida para a súa tramitación ás Cortes Xerais e abrirase, en paralelo, un proceso de negociación co Estado; e, finalmente –segundo o Plan- "será a propia sociedade vasca a que decida en referendo ratificar a proposta nun escenario de ausencia de violencia e sen exclusións.

Documentos

Proposta de novo Estatuto do Goberno de Ibarretxe (en galego)
pdfDescargar documento
Resumo da proposta (español)
pdfDescargar documento
Proposta de IU-EB
pdfDescargar documento
Proposta de EA
pdfDescargar documento
Proposta do PSE-EE
Bases para a actualización e reforma do Estatuto de Autonomía presentadas polo PSE en decembro de 2004.
pdfDescargar documento

Subir

O Estatuto do 36
Estatutos na transición: Galiza contra a 'aldraxe'
Cataluña: por unha relación bilateral co estado
Euscadi: a hora do 'Plan Ibarretxe'
A 'Devolution' escocesa
Gales, oito séculos despois
Quebec, a piques da independencia

 

Documentos

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO