Foro Novo Estatuto

O Estatuto do 36

Estatuto 36-1 Estatuto 36-2 Estatuto 36-3

Se Galiza dispón na actualidade de institucións políticas propias e da consideración constitucional de "nacionalidade histórica" é grazas á importancia que acadou como nación diferenciada e, nomeadamente, polo feito de se ter aprobado por plebiscito popular o Estatuto de Autonomía de 1936.

Este resultado foi posible grazas á existencia do galeguismo, que aproveitou a chegada da II República para promover as súas ansias de autogoberno. Ao abeiro da Constitución republicana de 1931, Galiza, Euscadi e Cataluña comezaron a traballar na redacción dos seus respectivos estatutos de autonomía.

No caso galego realizáronse varios proxectos, entre eles o do Seminario de Estudos Galegos, confeccionado por Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Lois Tobío e Ricardo Carballo Calero. Sen embargo o proxecto definitivo non chegou ata 1932 cando o alcalde de Santiago, Raimundo López Pol, convoca a todos os concellos do país para debater o texto. Así que nunha asemblea de decembro dese ano apróbase o documento definitivo co apoio do 77% dos concellos galegos, que representaban o 84,7% da poboación.

Por mor da chegada do 'bienio negro' o plebiscito tivo que adiarse ‘sine die’ ata que co trunfo da coalición electoral da Fronte Popular en 1936, se abriu a porta para a súa celebración, que tivo lugar o 28 de xuño dese ano. Os resultados da consulta popular foron sorprendentes, froito dunha gran mobilización social e algunha que outra irregularidade, ao acadar o 'si' o 74% do censo electoral, superando os dous tercios esixidos pola Constitución. O 15 de xullo o texto foi presentado, por Castelao e por outros persoeiros galeguistas, ao Presidente da República, pero a inminente Guerra Civil impediu a súa discusión nas Cortes.

Non obstante, o Estatuto de Autonomía de Galicia chegou a tomar estado parlamentario -grazas á teima de Castelao, segundo afirma Ramón Villares en Historia de Galicia, Galaxia, 2004- na sesión das Cortes republicanas celebrada no mosteiro de Montserrat o 1 de febreiro de 1938. Este texto, de tendencia algo máis federalista có actual, refrendaba a cooficialidade do galego e do español en Galiza e propoñía un modelo máis aberto de democracia directa.

Ligazons

Semente de nación
Un artigo de Uxío Breogán Diéguez sobre o Estatuto do 36 publicado en Vieiros.

Subir

O Estatuto do 36
Estatutos na transición: Galiza contra a 'aldraxe'
Cataluña: por unha relación bilateral co estado
Euscadi: a hora do 'Plan Ibarretxe'
A 'Devolution' escocesa
Gales, oito séculos despois
Quebec, a piques da independencia

 

Ligazóns

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO