Normativa en relación á enerxía: Hai varios pontos, mais voume centrar no problema da enerxia.
Na actualidade non consumimos a enerxia que producimos, a custo do noso patrimonio (rios, montes,etc). Coido que no estatuto deberia aparecer unha figura acerca da valorización do noso patrimonio, de maneira que se lle devolvese á Galiza o que esta sacrifica para fornecer enerxia para outras zonas mais desenvolvidas. Unha fómula seria ter poder de fixar as tarifas da electricidade, de maneira a ter desgravacións por consumo,redes de distribución actualizadas, para aquelas persoas que moren na zona de influencia dos campos eólicos, ou das barraxens xa construidas ou para as industrias , respetosas có medio, que se instalasen nas cercanias da zona de produción de electricidade. Deberia de figurar algo no estatuto acerca da "Competencias sobre o noso patrimonio,cultural e natural", de maneira que os custos sociais e medioambientais das industrias contaminantes pudesen vir a ser cobrados pola Comunidade(Nazon) como "Externalidades" .Coido que se resumiria nunha normativa propia que centrase o tema da pose dos nosos medios de produción industrial e enerxéticos, de maneira que poidese dar unha viraxen á política de industrias extractivas e poluintes que se está a levar a cabo agora, e que centrase o interese en facilitar a instalación de industrias de transformación ,porque aqui encontrasen facilidades en canto a custos enerxéticos(p.ex.)que noutros sitios non houbese.
Esto precisa dunha rede de distribución e de comunicación, que non ten que ser concebida como autoestradas ou AVES, mas como unha rede de infraestructuras axil e eficaz, aproveitando a enerxia que temos.