Foro Novo Estatuto

UN AUDIOVISUAL GALEGO (Manuel Espiñeira)

Unha carta de: Manuel Antonio Espiñeira
[02/03/2005]

¿Cine galego?- No tempo que levo traballando como profesional neste mundo do audiovisual en Galicia, vin moi pouco (ou ningún) cine galego, o que vin é coma o xermolo dunha arte universal e centenaria se converteu nun brote verde nunha ensalada audiovisual galega. Daquela, con moi boa vontade, facianse unhas películas curtas e conmemorativas en moitos casos, con poucos cartos e medios, pero galegos. Hoxe, nos útimos tres anos, fanse máis películas longas, con máis cartos máis medios, pero de galegos só teñen algunha paisaxe e o cupo necesario de profesionais para que certas institucións poidan xustificar os seus gastos e nos vendan que hai un cine galego.
Un cine que nin sequera se roda en galego, dobrase e xa está, coma calquer outro producto que veña de onda non se fale galego, din que é por aquelo da normalización lingüística. ¿?.¿Acaso os subtítulos non son normativos e ademáis conseguen que aprendamos un pouco da lingua na que esté rodada e ver esa cultura doutra forma moito máis próxima a realidade da obra? Con esto non quero decir que non se dobre nada, senon facelo con outros criterios: público o que vai dirixido, horarios de emisión do producto…
Volvendo o cine galego de cupos, comentar que esto tampouco é de todo malo, xa que asi ven xente doutros lugares a coñecernos e traballar con nos, co que tamén podemos aprender cousas deles, e as imaxes que se levan son vistas por moita xente noutros lugares do mundo.
Decir tamén que o cine é só unha pequena parte da producción audiovisual que se fai en Galicia, a outra gran parte representana os productos para TV, sexan programas folclóricos, concursos, series de ficción, documentais, algún telefilme, ecétera.
O sector audiovisual galego parece atoparse agora nun bo momento de producción, pero cun notable estancamento na distribución e difusión do producto, debido quizais a que a televisión autonómica e a única que compra, encarga e participa en todolos productos que se estan a realizar e outros xa feitos e ben almacenados na neveira autonómica esperando un mellor momento para o seu consumo. Habendo un só consumidor ocorre que toda a industria, que se intenta crear e que fai os productos citados, se manteña da tripa da televisión pública autonómica, e polo tanto ter un futuro incerto cheo de inestabilidade e cunha gran precariedade laboral, baixos salarios, temporalidade, etc.
A industria audiovisual galega tera que buscar, pola parte que lle toca,
outros productos ou os mesmos que ten aquí pero para outros públicos diferentes e seguir facendo máis produccións para a seu consumo en Galicia. Polo outro lado a administración axudaría as empresas para levar a cabo este crecemento, e que a televisión autonómica aumentase os seus encargos de productos audiovisuais para Galicia pensando que é un medio de comunicación para todos os galegos, e non unha simple televisión de competición de grellas e picos de audiencia con outras cadeas xeneralistas españolas, e está moi claro que canta máis público a vexa mellor para todos, aquí non podemos batir records, pero si superarnos.
Manuel Antonio Espiñeira

« Voltar

 

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO