Creo se debería considerar dentro do Estatuto á familia como un dos alicerces do estado do benestar, fomentando políticas activas que a protexan, que faciliten a implicación activa de pais e nais na educación dos fillos, que flexibilicen realmente o tempo de traballo para axustarse as seus horarios e que ter fillos non sexa un impedimento para continuar co traballo, principalmente das mulleres.
Cando falo de familia estou a falar dun concepto progresista desta, incluíndo familias monoparentais, adopción por parte de parellas homo e heterosexuais, ou calquera outra fórmula, sen esquecer a tradicional de pai-nai fillo/as.
Para min é fundamental o fomento da natalidade para garantir a supervivencia deste país a longo prazo, cun avellentamento que medra perigosamente chegando ao 20% da nosa poboación con sesenta e cinco anos ou máis.
O apoio ás familias debe ademáis ser visto como un investimento e non coma un gasto, investimento a medio e longo prazo que dará os seus frutos nun futuro.
O estado español é dos que menos gasto social realiza nas familias na UE, só un 2% fronte a un media de 8% e lonxe de países coma Franza ou os nórdicos.