Foro Novo Estatuto

"Hai que axudar máis ás escolas deportivas"
RAMÓN TUBÍO MARTÍNEZ

"Hai que axudar máis ás escolas deportivas"

Chef e estudante de terapia deportiva (Escocia)

Ramón Tubío (Extramundi, 1974) foi un dos moitos ciclistas que saíron da prolífica escola padronesa. Hoxe é chef e estuda de Terapia Deportiva en Edimburgo. Desde aquelas terras frías reclama un novo Estatuto "como un punto de partida para a independencia", máis apoio ao deporte e melloras laborais para os traballadores.

- Cres que é necesario un novo Estatuto para Galiza?
- Por suposto, a nosa terra necesita cambios e este sería un punto de partida para a independencia.

- Que che gustaría que incluíra un novo Estatuto?
- Unhas normas ríxidas en apoio aos obreiros. En Galiza os grandes empresarios son os que fan as normas e isto ten que cambiar xa.

- No teu eido profesional, que cambios che gustaría que se producisen?
- A Xunta debería de axudar máis economicante ás escolas deportivas e poñer ao seu cargo ex-profesionais ou xente que saiba o que se trae entre mans e non o amiguiño do cacique do pobo.

- Para ti, en xeral, cales son os problemas máis graves que padece Galiza hoxe en día?
- Que teñamos como presidente da Xunta unha persoa que amenazou a unha muller coa frase, literalmente "Se non foras muller daríache unhas ostias". Isto non se pode permitir nunha sociedade civilizada.

« Voltar

 

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO